Contido coa etiqueta .
Violación Grupal

Dominique Pelicot non recorrerá a súa sentenza, pero haberá un novo xuízo en apelación
30/12/2024 09:07
Polo menos 17 dos outros 50 acusados da violación grupal a Gisèle Pelicot anunciaron que teñen intención de recorrer as súas sentenzas

19/12/2024 10:06
Gisèle Pelicot respecta a sentenza e lembra todas as "vítimas non recoñecidas"
A xustiza declara culpables os 51 acusados do caso e imponlles penas entre 3 e 20 anos por violar a Giséle Pelicot

A sentenza polas violacións do caso Pelicot ditarase este xoves, con penas de ata 20 anos
18/12/2024 20:45
Son 51 os acusados polas agresións sexuais que Gisèle Pelicot sufriu durante unha década en Francia
Foi drogada e violada en múltiples ocasións polo seu exmarido, Dominique Pelicot, que convidaba outros homes a abusar dela tamén

Arquivado o caso da violación grupal nun pub de Sarria en setembro de 2023
04/12/2024 17:24
A xuíza decreta o sobresemento porque a denuncia "non se atopa corroborada polo resto de dilixencias practicadas"

Detidos tres homes pola violación grupal da muller sen teito en Zaragoza
12/11/2024 14:01
A conselleira de Políticas Sociais e Delegada de Igualdade do Concello de Zaragoza explicou que en ningún momento a muller puxo estes feitos en coñecemento dos traballadores sociais da instalación

Ingresan en prisión os tres acusados de agredir sexualmente unha menor en Écixa
04/04/2024 21:07
Non descartan que fose vítima de submisión química, pero foi consciente do pesadelo que estaba a vivir

A Policía brasileira detén a Robinho para o seu ingreso en prisión por unha violación grupal
22/03/2024 09:59
O exfutbolista empezará a cumprir a pena de nove anos de prisión que lle foi imposta por unha violación grupal en Italia
A lei brasileira non permite a extradición dos seus nacionais, pero admite a homologación das sentenzas estranxeiras

A violación grupal da Travesía en Vigo, a piques de se xulgar
21/03/2024 14:25
Hai tres investigados por tres delitos

"Desfixeron as nosas vidas e as súas", di a parella agredida na India
04/03/2024 18:47
Hai catro detidos pola violación grupal
Abandonarán o país nas próximas horas tras ser indemnizados con 12.000 euros

A India indemniza a parella de españois atacada a fin de semana
04/03/2024 17:17
Hai tres detidos polo asalto e violación

A policía india identifica os sete implicados na violación dunha turista española
03/03/2024 09:05
A muller foi vítima dunha agresión sexual en grupo e o seu marido, atacado e ameazado cun coitelo
Polo momento detiveron catro persoas en relación co caso e o resto está en busca e captura

Indignación na India pola violación en grupo dunha turista española
02/03/2024 17:55
A parella atópase nun hospital recibindo atención médica e probas forenses
O home foi atacado e ameazado mentres violaban a súa muller
Comisión Nacional da Muller (NCW): "O incidente non só avergoñou a Jharkhand, senón a todo o país"

Deteñen cinco menores pola violación grupal dunha nena de 15 anos en Alacante
23/11/2023 09:02
Os menores foron detidos o pasado martes, ao outro día foron postos á disposición da Fiscalía e xa ingresaron en centros de menores de Valencia, Castelló e Alacante
Fontes próximas á investigación sinalaron que os cinco menores foron detidos por un presunto delito de agresión sexual grupal

06/11/2023 12:56
É o home identificado pola vítima na súa segunda declaración

As defensas de dous implicados na violación grupal de Sarria piden a súa liberación
21/10/2023 20:44
Aseguran que as imaxes do pub recollen que a vítima só entrou cunha amiga no baño
Os feitos ocorreron a finais de setembro, e a muller estaba inconsciente

Detidos dous menores pola súa presunta relación cunha violación grupal dunha menor
22/09/2023 20:40
O fiscal de Menores pide como medida cautelar o internamento en réxime pechado dos arrestados
.png)
Rebaixa a pena a un dos condenados de La Manada en aplicación da lei do 'só si é si'
12/09/2023 09:26
O tribunal argumenta que a pena imposta foi a mínima aplicable e que ese mínimo se rebaixou coa nova lei
Unha maxistrada do mesmo tribunal discrepa porque "a revisión non pode determinarse atendendo a meros criterios de proporcionalidade aritmética"
Montero: A rebaixa de pena de La Manada "cuestiona de novo a gravidade da violación"

Tudela concéntrase para rexeitar a presunta agresión sexual da fin de semana
22/08/2023 13:04
Os cinco detidos declaran, á espera do que decida o xulgado

Seis detidos por abusos sexuais a unha turista en Mallorca
16/08/2023 09:50
O xulgado de garda ditou o seu ingreso en prisión

Prisión para 5 dos 6 alemáns acusados da violación dunha compatriota en Palma
16/07/2023 08:16
Segundo a Policía, catro deles forzaron a moza para manter relacións sexuais
Un dos investigados gravou parte do acontecido no seu teléfono móbil

Os seis alemáns acusados de violar unha moza chegan aos xulgados de Palma
15/07/2023 08:39
A Policía Nacional analiza o papel que xogou cada un na agresión sexual grupal denunciada o pasado xoves

Detidos seis mozos alemáns en Mallorca pola violación grupal dunha moza
14/07/2023 10:02
Os cinco están acusados dun delito de agresión sexual e a policía busca un sexto sospeitoso

Investigan unha violación grupal a unha moza en Madrid tras consumir unha droga
08/05/2023 11:15
A moza coñecera os seus supostos agresores nunha discoteca á que acudira cunhas amigas
Seguiron a festa nun piso onde consumiu unha substancia branca que a deixou durmida
Relata que cando espertou estaba sendo agredida sexualmente

Investigan un presunto intento de violación grupal a unha menor en Ferrol
05/05/2023 14:37
Dous dos supostos agresores sexuais xa foron enviados a un centro de menores
Constan polo menos outras 4 denuncias por feitos similares do mesmo grupo
Os feitos producíronse en marzo no domicilio dun dos implicados

O xuíz dita prisión sen fianza para os 5 detidos pola violación grupal en Rubí
14/04/2023 16:13
Os cinco detidos teñen entre 20 e 25 anos, a mesma idade que a vítima
A violación realizouse nunha nave derruída onde levaron a muller á forza

O Supremo fixará doutrina sobre a lei do 'só si é si' o 6 e 7 de xuño
11/04/2023 13:00
A Sala do Penal estudará máis de 20 recursos de casación presentados, a maioría da Fiscalía
Fiscalía Xeral do Estado di que "como regra xeral, non procederá a revisión das condenas firmes cando a pena imposta na sentenza tamén sexa susceptible de impoñerse con arranxo ao novo marco legal"

Investigan unha agresión sexual grupal a dúas nenas de 14 anos en Logroño
11/04/2023 11:55
Supostamente participaron uns dez ou doce adolescentes, con idades entre os 13 e os 16 anos

Investigan 4 agresións sexuais nun centro comercial de Badalona
29/03/2023 10:34
Queren saber se hai casos que estean relacionados

Investigan tres menores pola violación dunha rapaza de 16 anos en Alacant
28/03/2023 08:06
A policía informou que xa ten indicios de quen foron os agresores e están próximos a identificalos

Dous acusados en Vigo por agresión sexual coa agravante de abuso de superioridade
08/03/2023 11:23
A xuíza que instrúe o caso impútalles aos dous investigados o delito con agravante porque se aproveitaron de que a vítima estaba baixo os efectos do alcol
Os dous procesados permanecen en prisión provisional dende decembro de 2021

A primeira vítima da 'manada' de Castelldefels ratifícase na súa denuncia
12/01/2023 09:45
A moza declara que foi vítima dunha violación grupal entre os cinco acusados

Investigan se lle subministraron algunha droga á vítima dunha violación grupal en Vigo
16/09/2022 16:27
A moza declarou que tras beber dun vaso que lle deran os supostos autores mareouse e despois quedou durmida

A Policía investiga a violación grupal dunha muller en Valencia
02/07/2022 20:42
Segundo a vítima, tres descoñecidos agredírona polas costas nunha céntrica rúa da cidade

Tres menores detidos por unha suposta violación grupal durante as festas de Vilarreal
23/05/2022 16:03
A vítima, de 18 anos, denuncia que foi violada por sete rapaces
Hai outro suposto agresor identificado que ten menos de 14 anos
Os detidos pasaron a disposición da fiscalía de menores

Buscan o coche da suposta violación grupal de Granada para poder identificar os agresores
20/05/2022 20:00
A Policía Nacional investiga o traxecto para localizar a matrícula

Decretan liberdade vixiada para os menores detidos pola violación grupal de Burjassot
19/05/2022 21:41
Un quinto implicado queda en liberdade vixiada con orde de afastamento das vítimas
A policía trata de localizar un sexto mozo sospeitoso de participar tamén na agresión sexual

19/05/2022 14:59
Os expertos alertan da necesidade de educar no uso responsable das redes sociais

18/05/2022 10:43
As dúas nenas quedaran a través de Instagram cos supostos agresores nunha vivenda abandonada de Burjassot

A chamada dunha muller evita unha violación grupal en Málaga
10/05/2022 20:53
A Policía detivo os tres agresores en flagrante